Baltar recibe unha carta dos Reis Magos

reisbaltar
Baltar recibe unha carta dos Reis Magos

O municipio limián anima a veciños e visitantes a participaren da cabalgata.

Os Reis Magos tamén visitarán mañá o Concello de Baltar. Após recibir o consistorio unha misiva dos magos de Oriente, transmitiulles a nenos e maiores do seu municipio os horarios e percorridos que fará a cabalgata no día de mañá, e que se poden ver na imaxe.

O Concello de Baltar convida a todos os veciños e visitantes a recibiren como se merecen ás súas maxestades para desfrutar, posteriormente, da noite de Reis en familia.