Baltar terá unha residencia de maiores para despois do 2025

Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) acompañado de José Antonio Feijoo Alonso (Alcalde do concello de Baltar) asínan un protocolo de colaboración ente a Deputación Ourense e o Conello de Baltar para a construción dunha residencia no con
Baltar terá unha residencia de maiores para despois do 2025

Manuel Baltar e o alcalde, José Antonio Feijóo, asinaron na Casa de Cultura de Baltar un convenio polo que o goberno provincial comprométese a financiar as obras deste centro -na antiga casa reitoral- con cargo aos orzamentos de 2024 e 2025

A Deputación de Ourense e o Concello de Baltar colaborarán na construción dunha residencia para maiores, proxecto que será unha realidade trala reforma da antiga casa reitoral do municipio.

Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) acompañado de José Antonio Feijoo Alonso (Alcalde do concello de Baltar) asínan un protocolo de colaboración ente a Deputación Ourense e o Conello de Baltar para a construción dunha residencia no concello.
Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense)
acompañado de José Antonio Feijoo Alonso

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde, José Antonio Feijóo, asinaron na Casa de Cultura de Baltar un convenio polo que o goberno provincial comprométese a financiar con cargo aos orzamentos de 2024 e 2025 as obras deste centro, en cooperación coa Consellería de Política Social.

Trala sinatura do convenio, Manuel Baltar pon énfase nun proxecto que sairá adiante grazas “a unha nova mostra da colaboración entre administracións, xa que tamén se sumará a Xunta de Galicia, axudando a facer posible unha demanda axustada ás necesidades do concello co mellor comportamento demográfico da comarca da Limia”. Unha iniciativa que tamén dá os seus primeiros pasos “polo compromiso do alcalde e do grupo de goberno, que loita día a día polos intereses do concello”.

Acompañado por concelleiros do equipo municipal e veciños que acudiron ao acto de sinatura do convenio, José Antonio Feijóo sinala sentirse “ilusionado por plasmar nun documento esta necesaria obra”. Sinalou que o concello ten un numeroso colectivo de persoas maiores, das que preto dun cento viven soas e cunha gran dispersión, “polo que temos que garantirlles unha boa acollida e un servizo de calidade na futura residencia”.