Charla sobre o tratamento da terra para o cultivo en Baltar

Charla sobre o tratamento da terra para o cultivo en Baltar
Charla sobre o tratamento da terra para o cultivo en Baltar
O persoal técnico do Inorde impartiu unha charla sobre o tratamento da terra para o cultivo no marco do programa de “Atención ás persoas maiores no rural” que desenvolve Cáritas Ourense

O persoal técnico do Inorde impartiu unha charla formativa sobre o tratamento da terra para o cultivo no marco do programa de “Atención ás persoas maiores no rural” que desenvolve Cáritas Diocesana de Ourense. En virtude do convenio de colaboración subscrito polo Inorde e dita entidade, traballadoras do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro desprazáronse ata a parroquia da Boullosa do Concello de Baltar para impartir esta xornada dirixida aos nosos maiores.

Charla sobre o tratamento da terra para o cultivo en Baltar

A charla realizouse co obxectivo de actualizar os coñecementos dos pequenos agricultores da zona en base ás novas ferramentas coas que poden contar para sacar o máximo beneficio das súas hortas.

Durante a charla foron informados tamén da normativa aplicable no eido da protección de cultivos, en especial en relación as obrigas que deben cumprir para o emprego efectivo dos produtos fitosanitarios.

Por último, tratouse de xeito transversal conceptos fundamentais en relación á conservación da biodiversidade, a loita biolóxica e a economía circular.

Esta acción enmárcase na filosofía que comparten ambas entidades de realizar actividades que propicien a continuidade das actividades agrarias, sobre todo no rural, tanto para o autoconsumo, como para dotar de ferramentas e coñecementos á cidadanía sobre a capacidade que ten a nosa terra para ofrecer oportunidades no rural e contribuír a combater o despoboamento nas zonas rurais da nosa provincia.

Ademais, este tipo de actividades demostran que o tratamento da terra para o cultivo é moi útil como ferramenta de dinamización social, integración de persoas en risco de exclusión e, por suposto, para axudar economicamente ás familias.