domingo. 24.09.2023

Esta mañá de venres no salón de plenos do Concello de Xinzo, tivo lugar a presentación do obradoiro de emprego 2018 que xunto co de Xinzo  formará a 15 persoas combinando a formación profesional  e a práctica laboral.

O obradoiro comprenderá dúas especialidades, a de albanelería e xardinería. Os alumnos que rematen satisfactoriamente terán a cualificación profesional de nivel 2, certificado acreditativo  para a obtención do correspondente certificado de profesionalidade.

Baltar, Sampaio, Sabucedo e Boullosa

IMG-20181109-WA0003

As actuacións dos alumnos do obradoiro  realizarán traballos no campo da festa de Baltar, así como tamén nas zonas verdes e instalacións da piscina Municipal e no Centro de Saúde.

Tamen farán traballos de reparación do muro da estrada de Sampaio a Sabucedo, así como no campo da festa da Boullosa.

Ademais da formación específica, impartiranlle aos alumnos formación complementaria en temas de Sensibilización en Igualdade de Xénero, Sensibilización Ambiental, Prevención de Riscos Laborais, Iniciación a Informática e orientación laboral.

O presuposto total de todo o obradoiro será de 222.605 €,  subvencionados nun 100% pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.