O Couto Mixto terá un centro de interpretación

couto mixto 2
O Couto Mixto terá un centro de interpretación
Xuntáronse varias persoas nunha xornada na que se trataron diversos temas, como a nomeación de novos xuíces honorarios e a creacion dun centro de interpretación en Meaus, Baltar.

O Couto Mixto xuntou a varias persoas amigas nunha xornada na que se trataron diversos temas. Entre eles a nomeación de novos xuíces honorarios e a creacion dun centro de interpretación en Meaus, Baltar.

Así, o Couto Mixto contará nun futuro próximo cun centro de interpretación. Estase valorando que sexa a casa da botica de Meaus, en Baltar, para convertela na sede do centro. Unha ubicación especial, xa que foi a casa do último xuíz do territorio.

Por outra banda, os novos xuíces honorarios incorporados nun acto celebrado na igrexa de Santiago de Rubiás, en Calvos de Randín, son a avogada Consuelo Castro Rei, o médico Armando González López e a cineasta Diana Gonçalves.

Algunhas das súas declaracións recollidas por La Voz de Galicia:

Consuelo Castro: «nunca tal pensei que estaría aquí recibindo esta distinción e só quero dar as grazas pola honra que se me fai»

Armando González destacou "a relación que mantén coa zona dende que foi nomeada xuíza honoraria María do Ceo, a cantante coa que colabora na creación de temas e intérprete do «Himno do Couto Mixto»"

Diana Gonçalves recorda "a súa propia historia familiar para exemplarizar a unión e a convivencia sen fronteiras das xentes dos dous lados da raia".