O COUTO MIXTO VOLVE Á VIDA

couto mixto 2
O COUTO MIXTO VOLVE Á VIDA
Inaugúrase o primeiro centro de lecer turístico e de restauración do Couto Mixto, co obxectivo de repoboar e reactivar a economía da zona.

Na aldea de Meaus, sede da actividade comercial do Couto Mixto (territorio de singular historia) durante máis de sete séculos, inaugurarase o próximo 25 de xullo, día do patrón de Galicia, un centro de lecer turístico e restauración, que nace coa intención de impulsar a actividade turística no territorio. A iniciativa empresarial provén duns emprendedores cataláns, fillos e netos de habitantes da aldea de Meaus. Segundo Javier Morais, administrador e xerente da empresa “Couto Mixtour”, a idea do negocio xorde pola inquietude que lle provocaba ver que o territorio languidecía aos poucos, e que practicamente non ofrecía oportunidades laborais.

couto mixto 1Xunto cos seus outros dous socios, Francisco Buyolo e Cándido Rodríguez, puxeron moita ilusión e esforzo no proxecto, esperando que sexa a punta de lanza para o impulso da actividade turística e económica da zona, e sirva sobre todo para que outros emprendedores anímense a investir no rural e no territorio do Couto Mixto.

O proxecto recibiu unha subvención a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), ente público xestor do programa LEADER en Galicia, que constitúe o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Apenas sete quilómetros en total separan as pequenas aldeas de Meaus, Santiago e Rubiás, ao sur da provincia de Ourense, no tranquilo val do río Salas.

Unha superficie de apenas 26 quilómetros cadrados, que formaron o que se coñeceu durante séculos como territorio do «Couto Mixto». O día 25 de xullo, a partir das 19 h celébrase un acto coa presenza dos alcaldes da zona, e o presidente de INORDE (deputación de Ourense) para presentar o proxecto, esperamos a súa asistencia.