Eladio Jardón, nomeado en dúas categorías nos premios Reed Latino

eladio Jardón
Eladio Jardón, nomeado en dúas categorías nos premios Reed Latino

O consultor limián volve ser noticia a nivel internacional

Eladio Jardón foi nomeado en dúas categorías aos prestixiosos premios Reed Latino que se entregarán este mes de outubro en México. Os Reed Latino Awards son os premios máis importantes da industria que recoñecen ás mellores iniciativas de consultoría política que se desenvolven en Iberoamérica. Uns galardóns que entrega anualmente a revista Campaigns & Elections e ao que se presentan as mellores pezas de comunicación política e de goberno.

A Escola Internacional de Goberno do Instituto Internacional de Márketing e Comunicación, que dirixe Eladio Jardón, na categoría de mellor Escola ou Facultade de Comunicación Política, Opinión Pública e Márketing Electoral e o libro “Craves dunha campaña única” como Mellor Libro ou Manual de comunicación son os dous galardóns aos que aspira o consultor de Baltar.

ELADIO JARDONEsta escola internacional de formación pública, que en novembro celebrará a súa sexta edición, formou a máis de 200 cargos públicos e candidatos de 5 nacionalidades distintas. Un proxecto moi ambicioso que reúne aos mellores profesionais da comunicación e a estratexia política nun itinerario de alto interese formativo que percorre España e Portugal e no que Ourense ten un protagonismo destacado. Eladio Jardón, un dos embaixadores de referencia da ourensanía, fai gala unha vez máis da paixón que sente polo seu territorio. “Ourense é exemplo de innovación pública. Vímolo nalgunhas campañas electorais e ese feito é, sen dúbida, de gran interese académico para o alumnado que cada edición forma parte da escola”. En referencia aos dous nomeamentos ás que opta, para Eladio Jardón “é un gran recoñecemento ao traballo de todo o equipo que conforma a EIG. Eles son os verdadeiros responsables de que a nosa escola se atope entre as mellores”, destacaba o consultor de Baltar.

E é que a Escola Internacional de Goberno do Instituto Internacional de Márketing e Comunicación conta con delegados en diferentes países de Latinoamérica entre os que se atopan México, Ecuador, Colombia e Paraguai. Xunto a este nomeamento, Eladio Jardón tamén optará ao premio na categoría de Mellor Libro ou Manual de comunicación pola súa obra “Craves dunha campaña única”. Un libro que xa foi galardoado en 2017 co premio ao libro político do ano na gala dos Victory Awards en Washington. A Gala de entrega de premios terá lugar o próximo 27 de outubro na Cidade de Praia do Carmen (México).