Éxito no LAROUCOFEST 2015

clases de baile en LAROUCOFEST 2015
Éxito no LAROUCOFEST 2015

As clases de baile foI un dós programas máis seguidos

A media tarde do sábado o campo da piscina fluvial xa estaba cheo de xente que se preparaba para o que ía acontecer a partir das 11 da noite.

Algúns para ir quentando atrevéronse a seguir leccións de baile para non perder o tempo, mentres outros montaban as súas tendas de campaña, e outros refrescaban as gorxas con algunha bebida refrescante, namentres se facían as probas de son dos grupos participantes.

As noticias que nos chegan, son de que a festa chegou moito máis alá da media noite, e que ata a paella estaba apetecible.

Hoxe domingo tivo lugar a comida campestre de toas as socias da asociación de mulleres rurais, na que xa se falou da organización da segunda edición do LAROUCOFEST 2016.