Unha persoa, veciña do concello limián de Baltar, sufriu unha intoxicación por mor dun incendio que calcinou por completo unha habitación da súa vivenda. Ocorreu ás 13:50 horas de hoxe no domicilio situado na Avenida Sarxento Seoane, en Baltar.
O lume comezou na segunda planta desta casa unifamiliar. A persoa que resultou intoxicada estaba no interior e as chamas impedíanlle abandonar a vivenda. Así, o persoal do CAE 112 Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros de Xinzo de Limia, que se encargaron de sufocar o lume. Os membros do dispositivo de emrxencias confirmaron que as chamas arrasaron por completo unha habitación e o resto da casa encheuse de fume.
Pola súa banda, os profesionais de Urxencias Médicas atenderon e trasladaron ao afectado ao centro médico máis próximo.
Foi un veciño da zona quen informou aos xestores do 112 Galicia, que, á parte dos bombeiros, avisaron aos axentes de seguridade e aos voluntarios de Protección Civil. Polo momento non trascenderon informacións sobre o pronóstico sanitario do afectado.