"O Larouco" será o tema a debater o venres en Baltar
«Pasado, presente e futuro da Serra do Larouco».
O venres 28 as 19:00 comezarán os actos do Laroucofest 2017 cunha mesa redonda na Casa de Cultura de Baltar, onde se analizará o pasado o presente e o futuro da Srra do Larouco.
O Concello invita a todos aqueles que qyueiran que se acerquen ata Baltar para participar nesta interesante mesa de debate na que estarán formando parte da mesma as seguintes persoas:
Destácase en primeiro lugar a presenza do historiador e etnógrafo Padre Fontes, premio da Fundación Curros Enriquez 2016. Estará acompañado de
Moisés Blanco (Presidente Comisión de Medio Rural Parlamento de Galicia)
Davide Rodriguez (Antigo alcalde de Manzaneda e deputado no Parlamento Galego)
Manuel G. Canitrot (Membro fundador do Comité de defensa do Monte Galego)
Ana Belén Vázquez Blanco (Antiga alcaldesa de Bande e deputada por Ourense no Congreso ).
Xanquei (Brigadista Bombeiro Forestal)