Laroucofest 2015- 25,26 de Xullo en Baltar (Ourense)

3
Laroucofest 2015- 25,26 de Xullo en Baltar (Ourense)

Unha oportunidade para gozar da música tradicional de calidade, e de balde ós pes da Serra do Larouco

Baltar celebra este fin de semana o seu I Festival de música tradicional o sábado 25 e o domingo 26.

Ata alí a partir das 22:00 do sábado desprázanse os grupos PELEPAU de Vigo. Case unha ducia de músicos que acompañados de mais de 30 instrumentos de percusión fan que as cancións tradicionais soen de maneira diferente.

Praia fluvial de BaltarTANTO NOS TEN, será o seguinte grupo, esta vez de Redondela o que se suba o escenario para interpretar composicións súas que eles mesmos denominan \“Música tradicional furtiva\”. Outro dos atractivos deste grupo é o poder gozar da voz e das súas habilidades coa pandeireta, dunha limiá internacional \“Nati\”.

Pecharán os concertos a fanfarria TAQUIKARDIA de Vigo.

ARTESANÍA, RESTAURACIÓN E ACAMPADA

Na zona do río, onde estará instalado o escenario, habilitáronse duchas e espazo para facer acampada. Todo isto DE BALDE, así como tamén os concertos.

Tamén haberá postos de artesanía e un bar con comida, fría e quente, para todos aqueles que se acerquen ata Baltar.

Laroucofest 2015 está organizado pola asociación de mulleres rurais de Baltar e para este evento , que comeza con cantos de taberna dende as 16:00 do sábado polas tabernas do pobo, decimos acompañados da xente nova que perteñece tamén a asociación.

O festival rematará o domingo 26 con un xantar campestre.