O limián Eladio Jardón participou na X Cumbre de Comunicación Política

O consultor político internacional, Eladio Jardón, na X Cumbre de Comunicación Política
O limián Eladio Jardón participou na X Cumbre de Comunicación Política

Neste cumio mundial déronse cita máis de 1.500 participantes de 25 países e 160 expertos en campañas electorais, márketing, política e novas tecnoloxías da información.

O limián Eladio Jardón, director do Instituto Internacional de Márketing e Comunicación participou a pasada semana na X Cumbre de Comunicación Política celebrada na capital de Ecuador, Quito, do 16 ao 18 de novembro. Trátase do evento máis importante do sector a nivel mundial.

Durante eses tres días déronse cita máis de 1.500 participantes de 25 países e 160 expertos en campañas electorais, márketing, política e novas tecnoloxías da información.

Este veciño de Baltar, consultor revelación 2016, debullou na súa conferencia os dez erros dunha campaña electoral
real. En palabras de Eladio Jardón "este ano quixen facer algo distinto. Nalgunhas campañas das que tiven a oportunidade de ser parte activamente atopeime con auténticas historias de terror, con políticos que basean as súas accións en enquisas, compadrazgos e que ademais confían,moitas veces, en que a política só se expresa en números. Polo anterior quixen revelar estas historias de terror e expoñer o que para min é un berro desesperado que por fin logre evitar os suicidios políticos".

Con esta presentación quixo expoñer certos descoidos nas campañas pero, ademais, facer conciencia sobre o estudo dos discursos e a mensaxe política que é unha actividade que empodera á comunicación política como unha área que di moito e que a maioría das veces non é considerada pola clase política.

Trátase da terceira vez que Eladio Jardón participa na Cumbre Mundial de Comunicación Política. O pasado ano en Perú deu a coñecer a primeira campaña electoral a unha Deputación provincial –campaña titulada #CreoenOurense– enfocada a presentar a Manuel Baltar nas pasadas eleccións municipais e que lle valeu numerosos recoñecementos.