Manifestación INÉDITA e MADRUGADORA en Baltar

IMG_20160411_195310
Manifestación INÉDITA e MADRUGADORA en Baltar

Está convocada ás 08:30 horas do dia 12 de abril

Será a primeira vez na historia, polo menos da provincia , en que unha manifestación se convoque ás oito e media da mañá (08:30)

Un colectivo de veciños do Concello de Baltar, REUNIRANSE MAÑÁ, MOI CEDO, DIANTE DAS OFICINAS QUE O Banco Pastor,ten na capitalidade do municipio, pero non para protestar polas preferentes, ou algo así. A súa protesta é para esixir á entidade bancaria a restitución no seu posto de Manuel Salgado Feijoo, como traballador e responsable da corresponsalía que o banco citado ten en Baltar.

IMG_20160411_195159

BAIXA DUN DIA PARA OUTRO

Ao parecer, Manuel Salgado é un mozo moi querido e respectado por todos os veciños que teñen os seus aforros e contas na entidade, tal é así, que ameazan á entidade bancaria, que se non volta ao seu posto de traballo o veciño, cancelarán todas as súas contas na devandita entidade.