"O meu obxectivo e sacar o 80% dos votos"- Jose A.Feijóo

Visita ao despeguqe do parapente coa directora xeral de AGADER
"O meu obxectivo e sacar o 80% dos votos"- Jose A.Feijóo

Os concellos temos que incentivar por manter os bares dos pobos abertos

Jose A. Feijóo, presentase como candidato do PP en Baltar por terceira vez con varios obxectivos para este, que entendería que fose a última vez que se presente.

Está moi orgulloso do presuposto que acaba de aprobar por unanimidade que ascende a 2.000.000 €, cando o anterior case que non chegaba aos 900.000. Moitas son as obras que van a realizar este ano na maioría dos pobos do concello, e está intentando, para ver si o pode conseguir, de pagar os impostos aos que rexenten un bar no pobo. Os bares nos pobos son os centros sociais onde se reúnen os veciños. Un pobo sen bar, é un pobo morto.

Entre os proxectos que vai levar a cabo e que conta con presuposto será a adquisición de vivendas sociais. Conta con 50.000 € para recuperación e acondicionamento do Couto Mixto. Tamén para Tosende se van a destinar 40.000 para acondicionamento dos camiños, porque hai sitios onde non entra o camión do lixo.

Visita ao despeguqe do parapente coa directora xeral de AGADER
Visita ao despeguqe do parapente coa directora xeral de AGADER

A TOPE CO PARAPENTE

Unha das accións que se van a levar a cabo neste mandato será o proxecto de humanización da zona do despegue do parapente. O proxecto xa estaba deseñado fai anos e houbo que actualizalo. A semana pasada estivo aquí a directora xeral de AGADER e levámola ata o lugar dos despegues, para comprometela “in situ” co proxecto que levará consigo bancos, zona de ocio, urinarios e canos para as augas de correntía. Nos temos que loitar polo parapente. Eu non quero entrar no tema dos eólicos posto que son os propietarios dos montes os que teñen que decidir, e os propietarios son os veciños. Eu teño o meu criterio particular, pero non quero manifestalo. O concello, como todos saben, non ten facultades ningunhas nos permisos. Son a Xunta e o Goberno Central.

O que si teño claro que calquera proxecto que se queira levar a cabo, NON SE PODE CARGAR O PARAPENTE.

Nos levamos moito tempo investindo en facer a pista ata arriba, con axudas e facendo un pouco cada ano, e agora queremos facer este proxecto para que se consolide totalmente este recuso tan importante que temos. Este é o mellor escaparate do noso concello. O Concello, coa forza que poida ter, loitará para que calquera proxecto que se queira facer, impida que o parapente non siga para adiante. Eu creo que unha boa maneira, é facer cousas por mellorar os acesos e a zona do despegue.

A miña idea é de poder arranxar a pista que segue despois dos despegues ata Montalegre. Teremos que chegar cun acordo coa Cámara para firmar un convenio para que eles o fagan na parte deles e nos na nosa.

Intervencións a levar a cabo nos despegues do parapente
Intervencións a levar a cabo nos despegues do parapente