Coa asistencia do Presidente do Parlamente,Miguel A. Santalices, o Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña e o Vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández así como da Senadora por Ourense Carmen Leite, todos eles na dobre condición de autoridades e compañeiros de profesión, así como o alcalde de Baltar Jose A Feijoo . e outras autoridades, foi descuberta unha placa no centro de Saúde de Baltar, conmemorativa do nomeamento da primeira muller licenciada en Medicina de Galicia, que naceu en Baltar e está soterrada tamén en Baltar.
Non quixo perderse o acto o Pte. da Cámara de Montalegre, que non perdeu a oportunidade de estar presente, como é a súa costume en todos os actos de importancia que se celebran no veciño Baltar.
Asistiron tamén compañeiros de profesión da comarca, así como familiares de Olimpia, que tomaron a palabra para agradecer este homenaxe a muller que naceu e morreu neste pobo, e que foi unha precursora da muller galega en todos os sentidos, e como non, no seu sentimento nacionalista.
Acompañaron o acto veciños e veciñas do pobo así como a banda de gaitas “Os da raia”, así como un grupo do veciño Montalegre, que puxeron o son do acto institucional.
Rematado o acto a maioría dos presentes trasladáronse ao Caneiro para sumarse a IX Festa Popular de Baltar.