jueves 28/10/21

Relevo no destacamento que o exército mantén nos montes da Limia

Esta mañá opartían  os últimos desde Baltar

1631955929871

O exercito mantén dende fai anos destacamentos de homes e mulleres que diariamente patrullan polos nosos montes para previr os incendios forestais.

1631955929857Un grupo deses destacamentos está afincado en Baltar. Segundo nos informaban esta mesma mañá, aos que lle tocan os montes da alta Limia teñen o seu “cuartel” nas antigas escolas de Baltar e o seu número está arredor dos trinta.
RELEVO
Todos os compoñentes do destacamento pertencen ao cuartel de Figueirido e esta mañá están a facer o cambio. Os que finalizaron o período vanse xa para o seu cuartel e virán outros compañeiros a relevalos mentres se manteña a vixilancia.