Rematadas as obras de mellora na estrada ou-304 en Tixós, no concello de Baltar

Tixos- Baltar
Rematadas as obras de mellora na estrada ou-304 en Tixós, no concello de Baltar

A intervención supuxo un investimento autonómico de preto de 50.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade coa execución de novas beirarrúas na estrada OU-304 en Tixós, no concello de Baltar.

STA_0045

A intervención, que supuxo un investimento de preto de 50.000 euros, permitiron mellorar o tránsito peonil e o acceso ás edificacións da entrada sur do núcleo de Tixós, na súa conexión coa capitalidade municipal, mediante a construción dunha nova beirarrúa que conecta coa que xa existía na contorna.

Executouse unha beirarrúa entre o punto quilométrico 12+630, enlazando coa beirarrúa da entrada do núcleo, ata o 12+870, onde finaliza no acceso a unha vivenda.

A beirarrúa ten unha anchura de 1,60 metros, adaptándose o espazo dispoñible e mantendo a beiravía que xa existía previamente.

Entre o punto inicial e o 12+770 executáronse muros de contención no exterior da beirarrúa para limitar a ocupación, xa que o terreo nese tramo descende con certa pendente cara ás fincas lindeiras.

Ademais, ao longo do tramo executouse baixo a beirarrúa un colector de pluviais, cos correspondentes sumidoiros e pozos para recoller a auga de escorrentía.