Tira un “cóctel molotov” contra un bar en Baltar

concello de baltar
Tira un “cóctel molotov” contra un bar en Baltar

O dono solicitoulle que pagara ás consumicións e esa foi a súa resposta

O dono solicitoulle que pagara ás consumicións e esa foi a súa resposta

Un mozo de 33 anos, foi detido esta madrugada pola Guardia Civil no municipio de Baltar despois de ter lanzado un \“cóctel molotov\”, contra o bar e de disparar cunha escopeta de balins.

O problema xurdiu cando o dono do bar solicitoulle o cliente que lle aboara as consumicións. Isto provocou, segundo indican os presentes, o enfado do cliente, e sen mediar mais verbas, ausentouse do bar. O pouco rato J.G.C, volveu co cóctel e coa escopeta.

O dono do local, baixou a persiana e avisou a protección civil e a Guardia Civil, que pasou a deter a J.G.C por supostos delitos de danos e ameazas.

O mozo está detido nos calabozos de Xinzo a espera de pasar a disposición xudicial.

Tamén tiveron que acudir os bombeiros para sufocar o incendio que produciu a explosión da botella co combustible.