Tixós, terá beirarrúas novas

Tixos- Baltar
Tixós, terá beirarrúas novas
A Xunta investirá na obra máis de 48.000 €

A Xunta vén de adxudicar as obras de construción de beirarrúas na estrada OU-304 en Texós, no concello de Baltar.

Este contrato, adxudicado á empresa CONSTRUCCIONES EMI-ALVAREZ, SL. por un importe de máis de 48.000, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de 4 meses.

O obxectivo é mellorar o tránsito peonil e o acceso ás edificacións da entrada sur do núcleo de Texós, na súa conexión coa capitalidade municipal, mediante a execución dunha nova beirarrúa que conecte coa existente.

Proxéctase unha beirarrúa entre o punto quilométrico 12+630, enlazando coa beirarrúa existente da entrada do núcleo, ata o 12+870, onde finaliza no acceso a unha vivenda.

A beirarrúa terá unha anchura de 1,60 m, segundo o espazo dispoñible e mantendo a beiravía existente.

Entre o punto inicial e o 12+770 será necesario executar muretes de contención no exterior da beirarrúa para limitar a ocupación, xa que o terreo nese tramo descende con certa pendente cara ás fincas lindeiras.

Ao longo do tramo proxéctase baixo a beirarrúa un colector de pluviais, cos correspondentes sumidoiros e pozos para recoller a auga de escorrentía.

A Xunta continúa mellorando a rede viaria autonómica para favorecer os desprazamentos a pé de modo máis seguro e sustentable.