A Xunta mellora a seguridade viaria e peonil coa renovación das beirarrúas na travesía de Baltar

201117 Beirarrúas travesía Baltar
A Xunta mellora a seguridade viaria e peonil coa renovación das beirarrúas na travesía de Baltar

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, supervisou o desenvolvemento dos traballos de recuperación da OU-304 ao seu paso por Baltar.

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, vén de executar as obras de reparación de beirarrúas e mellora da accesibilidade na estrada OU-304 ao seu paso polo concello ourensán de Baltar, co obxectivo de incrementar a seguridade peonil e mellorar a accesibilidade nesta travesía. Esta actuación, que ten un prazo de execución de tres meses, conta cun orzamento de máis de 60.000 euros.

O treito de actuación son 300 metros desta estrada que une Xinzo de Limia e Baltar

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do alcalde do municipio, José Antonio Feijóo, e da xefa territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, Alicia López Míguez, supervisou hoxe os traballos.

Esta travesía tiña beirarrúas pero estaban moi deterioradas polo paso do tempo, ademais de non cumprir coa normativa actual de accesibilidade.

201117 Travesía Baltar

Ademais, Aguas de Galicia está acometendo unha actuación complementaria como é a renovación dunha parte da rede de saneamento na travesía que inclúe tamén a reparación das beirarrúas no treito obxecto desta actuación, de máis de 100 metros de lonxitude.

A delegada territorial lembrou que estes traballos incidirán na seguridade viaria ao tempo que favorecerán os desprazamentos cotiás dos veciños e incrementarán a súa seguridade.