3º torneo de fútbol 7 organizado pola asociación Bandidos Xóvenes

10338236_278610618988366_1986212961110164949_n
3º torneo de fútbol 7 organizado pola asociación Bandidos Xóvenes

Os partidos disputaranse os días 13 e 14 e xuño e a inscrición está aberta ata o 7 de xuño

A asociación cultural Bandidos Xóvenes organiza o III Torneo de Fútbol 7 Prebenxamín, benxamín e alevín que se celebrará os días 13 e 14 de xuño no Concello de Bande. O Torneo terá lugar no Campo do Outeiro, un campo de herba artificial de 97m x 56m. Os premios consistirán nun trofeo para o equipo campión, o subcampeón e o 3 clasificado.

Cada equipo disputará como mínimo 3 partidos de 30 minutos de duración cada un. O horario dos partidos será de 11:00 a 22:00 dependendo do numero de equipos inscritos. Todos os encontros serán de 30 minutos excepto na final que o partido terá dúas partes de 20 minutos cada unha.

A inscrición dos equipos ao torneo finalizará o dia 7 de xuño, por email enviarase un formulario de inscrición e un listado de xogadores, que unha vez sellado pola organización será o que se lles entregue aos arbritos antes do comezo dos partidos. Advírtese que se poderá requirir o DNI para comprobar a identidade dos xogadores. O formulario enviarase ao seguinte correo: bandidosxovenes@gmail.com