O. Ferreiro
4 de febrero de 2017, 22:15
O Concello de Bande vén de presentar o programa de cultural e de ocio do seu Entroido. Nel anúnciase o que será o pregoeiro: o afamado actor e humorista galego, Xosé Touriñán, coñecido por interpretar a unha das personaxes de Mucha e Nucha ou pola súa participación no programa Land Rober da TVG.
O sábado 18 de febreiro comezará a celebración cunha ruta dos "troteiros" por todas as aldeas do municipio, saíndo da Casa do Concello.
A celebración estenderase até o vindeiro mércores 1 de marzo, coa celebración do enterro da sardiña. Polo medio, infinidade de actividades, desfiles, talleres, charangas e feiras. Aquí podes consultalas: