O alumnado de 4º-5º e 6º do ceip de Bande vanse de pesca

Rio Cadós- Bande
O alumnado de 4º-5º e 6º do ceip de Bande vanse de pesca
O concello celebrará co alumnado unha Escola de Pesca

Mañá venres, 20 de maio, levarase a cabo unha escola de pesca na que participará o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas. A teoría desenvolverase ao longo da mañá no CEIP para a continuación trasladarse ao río Limia, no refuxio de pescadores onde se ven de inaugurar a súa remodelación. Esta actividade, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, procura que se coñezan os ecosistemas acuáticos, a fauna e a flora das áreas fluviais de Galicia ademais de dar continuidade a presencia de pescadores respectuosos co medio ambiente nos cursos fluviais da comarca. A actividade procura acercar a pesca aos máis pequenos e o papel que os pescadores teñen no coidado e na conservación dos ríos e espazos naturais.

Rio Cadós(2)- Bande
Rio Cadós(2)- Bande

Para transmitir estes valores, contaremos coa presenza de David Arcay, campión do mundo individual, 3 veces campión do mundo por equipos, subcampión de Europa por equipos e campión de España, un referente na disciplina de pesca con mosca e un inestimable defensor da pesca sostible. O campión do mundo será o encargado de dirixir os rapaces e darlle os consellos precisos a hora de manipular os peixes e devolvelos a auga nunhas condicións óptimas