Andrea Álvarez Penín, séptima clasificada a nivel nacional

Andrea- Aquis querqernis-Bande
Andrea Álvarez Penín, séptima clasificada a nivel nacional

O IES AQUIS QUERQUERNIS de Bande acadou a mellor nota dos 80 alumnos participantes

As alumnas que gañaron o primeiro e o segundo posto na fase territorial en Ourense da Olimpíada de Xeoloxía 2016, de un total de 3000 alumnos nas sedes de todo o territorio nacional presentáronse xunto con outros 5 galegos a fase nacional.
A fase nacional comezou cunha proba escrita teórica e unha xincana, na que a alumna do IES AQUIS QUERQUERNIS de Bande acadou a nota mellor dos 80 alumnos presentados. Na terceira fase os oito alumnos, coas mellores notas, enfrontáronse a outra proba eliminatoria de respostas a cuestións xeolóxicas variadas para selecionar aos 4 representantes que irán a Olimpíada Internacional en Xapón. Nesta terceira proba a alumna Andrea Álvarez Penín foi clasificada na sétima posición.