Aquae Querquennae - Vía Nova estará aberto en semana santa

Centro de interpretacion Aquis Querquennis
Aquae Querquennae - Vía Nova estará aberto en semana santa
Do 9 ao 17 de abril, de 11:00h. a 14:00h. e de 16:00h. a 20:00h.

Este centro de interpretación ofrece ao visitante un interesante percorrido polas historias paralelas da Vía Nova e do campamento romano de Aquis Querquennis en dúas plantas expositivas, ademais de proporcionar a recepción, información e orientación dos visitantes ao parque natural Baixa Limia - Serra do Xurés.

111111111111111111111111

Na visita guiada realízase un percorrido polo complexo arqueolóxico de Aquis Querquennis no que descubrimos un dos campamentos militares máis escavados e estudiados da península ibérica, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 2018. Tamén se achega ao visitante á "mansio", unha pequena hospedaxe ou posta de descanso para os viaxeiros que percorrían a Vía Nova ou Vía XVIII do Itinerario de Antonino. Dentro do xacemento o turista pode gozar dunhas xenerosas termas que brotan impetuosas entre os restos dun balneario.