Arde un vehículo en Bande e as chamas afectan a un edificio

cochebande
Arde un vehículo en Bande e as chamas afectan a un edificio

Aínda se descoñecen as causas do lume, polo que Garda Civil vén de abrir unha investigación.

Un turismo ardeu esta pasada madrugada na localidade de Bande, na comarca da Baixa Limia. O lume, que calcinou por completo o coche, afectou tamén á fachada do edificio que estaba á beira de onde o vehículo se atopaba estacionado. Un veciño avisou ao 112 ás 4 horas da mañá e foron mobilizados os efectivos de Protección Civil e o GES de Muíños que acudiron ao lugar e sufocaron as chamas inmediatamente.

O sinistro tivo lugar na Rúa Lamas Calvelo. Por efecto da elevada temperatura, desprendeuse parte do revestimento da fachada da infraestrutura do edificio afectado. No turismo non había ninguén, polo que a Garda Civil vén de aperturar unha investigación para localizar ao propietario e determinar as causas do lume que, segundo indica o 112, comezaron nas partes baixas do vehículo.