viernes 27/5/22

A Asociación Cultural Bandidos Xóvenes organiza unhas visitas guiadas para coñecer Bande os días 30 e 31 de maio, coincidindo coa Festa do Peixe (Festa de interese turístico de Galicia).

O recorrido terá a primeira parada na igrexa visigoda de Santa Comba de Bande, continuará polo campamento Romano Aquis Querquennis, polo centro de Interpretación “Aquae Querquennae – Vía Nova” e rematará nas augas termais.

O prezo da vista guiada será de 4,50 € por persoa. En caso de grupos de 10 a 13 persoas o prezo será de 4€ por visitantes e para os grupos de mais de 15 serán 3,50 € por persoa.

Comentarios