Bande celebra o 2, 3 e 4 de xuño a LII Festa do Peixe

Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) participa na presentación da LII edición da Festa do Peixe de Bante, acompañado de Sandra Quintas Vázquez (Alcaldesa de Bande):
Bande celebra o 2, 3 e 4 de xuño a LII Festa do Peixe

Bande acollerá o 2, 3 e 4 de xuño a LII Festa do Peixe, celebración de Interese Turístico de Galicia que conta co apoio da Deputación de Ourense.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, presentaron esta mañá no Pazo Provincial unha festa que ten a súa orixe nun campionato de pesca e que na actualidade contribúe á promoción da riqueza piscícola dos seus ríos, da gastronomía local, do patrimonio histórico e das súas augas termais.

Programación da LII Festa do Peixe

Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) participa na presentación da LII edición da Festa do Peixe de Bante, acompañado de Sandra Quintas Vázquez (Alcaldesa de Bande):
Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) participa na presentación da LII edición da Festa do Peixe de Bante, acompañado de Sandra Quintas Vázquez (Alcaldesa de Bande):

A programación deste ano conta, ademais do campionato de pesca, con música, deporte, stands gastronómicos, exhibicións de patinaxe e o Mercado do Xurés.

Por días, o venres 2 arrancará a festa con actuacións musicais e unha degustación gastronómica. O sábado, día 3, o programa comeza pola mañá con pasarrúas e unha masterclass de “freestyle”, seguindo pola tarde cun espectáculo infantil, e a entrega de premios e trofeos de diversos concursos e campionatos. A música, xunto coas degustacións, protagonizan o resto da xornada.

O domingo concentra dúas das actividades estrela da festa. En primeiro lugar o campionato de pesca, que conta coa colaboración da federación galega. Ademais, a xornada abarcará música, exhibicións de patinaxe e degustacións gastronómicas.