Bande investirá 258.977 para acondicionar as marxes do rio Badella

97
Bande investirá 258.977 para acondicionar as marxes do rio Badella

Serán aportados pola Deputación Provincial

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta mañá a incorporación ao Plan Provincial de obras de infraestruturas viarias, de saneamento e planeamento urbanístico, cuxo importe supera os 500.000 euros.

Unha dúas incorporacións ao Plan provincial de Cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2018, para os efectos de obter a declaración de utilidade pública corresponde ao Concello de Bande, coa obra denominada \“prolongación do acondicionamento das marxes do río Badella ao seu paso polo núcleo de Bande\”, cun orzamento de 258.977 euros, financiado integramente polo municipio de Bande.