viernes 3/12/21

O Concello de Bande vén de xustificar as obras de mellora da súa iluminación pública en diferentes puntos do municipio. Foi unha orde de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia, a que permitiu renovar o sistema de iluminación exterior por un novo de baixo consumo nos núcleos poboacioanais de Corvelle, Porto Quintela e Santa Comba, así como no pavillón de deportes municipal de Bande.

A actuación custou, en total, 77.222 euros, dos cales 57.916 euros proceden de fondos europeos. O obxectivo principal das accións de renovación é o aforro enerxético. Segundo informa a propia Consellería de Economía e Industria, estas actuacións permiten reducir ata un 50 por cento a factura eléctrica das zonas beneficiadas. Outros concellos –coma o de Porqueira– atópanse realizando as mesmas actuacións de renovación do alumeado público.

Comentarios