O Concello de Bande vén de presentar un amplo programa de actividades e eventos de Nadal que vai dende o 26 de decembro até a previa de Reis, o día 5 de xaneiro. Dende a Concellería de Cultura deste municipio da Baixa Limia animan a todos os veciños e visitantes a participaren activamente e en familia das actividades municipais.
Cun dos programas máis extensos da comarca, ben seguro que moitos outros limiáns se achegarán a Bande para desfrutar dos eventos programados.
Até o 29 de decembro: VII CONCURSO DE BELÉNS
Información e inscrición nas oficinas municipais antes do día 29 de decembro.
Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro: EXPOSICIÓN DE POSTAIS DESEÑADAS POLOS NENOS DO CEIP XOAQUÍN LOURENZO
Na casa do concello. De 9:00h. a 14:30h.
26, 28 de decembro e 2 de xaneiro: OBRADOIROS DE NADAL
Na biblioteca de 10:00h. a 13:30h. Actividades para [email protected]
27 de decembro: PAZOLANDIA
Inscrición na biblioteca ou oficinas concello antes do día 23 de decembro. 2€/persoa. Límite de prazas.
28 de decembro: ANIMAR-T (A BAILAR NO NADAL)
Salón de actos do concello ás 18:00h. Espectáculo de animación para [email protected] Xogos, cancións, baile, maxia e moitas sorpresas...
29, 30 de decembro e 3, 4 de xaneiro: ACTIVIDADES INFORMÁTICA PARA [email protected]
Na aula Cemit (1a planta da Casa do Concello) de 11:00h. a 12:00h.
29 de decembro: ODAIKO (INVENCIÓN)
Salón de actos do concello ás 18:00h. Espectáculo teatral – musical para público familiar.
2 de xaneiro: CARTA AOS REIS MAGOS
Na biblioteca de 10:00h. a 13:30h.
3 de xaneiro: OLIMPIADAS DE INTERIOR
Pavillón de deportes a partir das 17:00h. Maratón de xogos para menores de 15 anos.
5 de xaneiro: RECEPCIÓN DAS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE
Salón de actos do concello a partir das18:00h. Chocolatada.