O campamento Aquis Querquennae terá un novo torreón.

O campamento romano Aquis Querquennae.
O campamento Aquis Querquennae terá un novo torreón.

A Deputación de Ourense comprometeuse a reservar unha partida orzamentaria no 2017.

O xacemento romano Aquis Querquennis de Bande estará presidido por un novo torreón. Segundo informa o xornal La Región, a Deputación de Ourense, incluirá unha partida nos seus orzamentos para colaborar coa Fundación Aquae Querquennae nos traballos de consolidación da excavación.

A nova foi confirmada onte polo propio presidente provincial, Manuel Baltar, nunha visita guiada que realizou polo campamento. No percorrido, os arqueólogos Antonio Rodríguez Colmenero e Santiago Ferrer, explicaron os avances nas excavacións deste ano e as súas previsións de cara ao futuro. Os expertos cifraron en 100 mil a inversión necesaria para levar a cabo todo o traballo das últimas catro campañas.

A visita de Baltar estivo enmarcada na presentación pública do número 6 da revista Larouco. Esta publicación está especializda na arqueoloxía galega e recolle estudos e informes sobre os traballos máis importantes que se están a dar neste senso en Galicia.