CEA COMUNITARIA CON MOITA MÚSICA EN CADÓS (Bande)

Cea Cadós1
CEA COMUNITARIA CON MOITA MÚSICA EN CADÓS (Bande)

Arturo invita a cear a todo o pobo, nunha noite chea de emocións

Arturo Martínez Rivero alcumado \“GUIMARAIS\” decidiu retirarse fai uns anos xunto coa súa muller Mª Angeles Sánchez a o pobo que pouco máis o vira nacer.

Cando tiña solo un ano trasladárono a Asturias e dende alí o Pais Vasco, para voltar con tan só 18 anos para pórse a traballar no famoso Pozo S. José Turón en Mieres, ata a súa xubilación.

Como soe acontecer nestes casos a el refírense os veciños de Cadós en Bande, como o Asturiano e cando está alí a metade do ano, é o galego.

CASA CON 3 BANDEIRAS.

Dende que se trasladou a pasar medio ano e Cadós a súa presenza na casa e visible dende lonxe, porque a entrada do seu patio está presidido por tres mástiles coas bandeiras de Galiza, Castela León( pola súa dona que é de VCea Cadós3alladolid) e Asturias. Esa é a sinal de que Arturo está de volta, coa súas portas abertas para aquel visitante, que lle apeteza tomar una sidra autentica feita por él. E non só iso, se non que escarchada cun \“artiluxo\” feito e deseñado por el mesmo.

Arturo pasa as horas todas do dia e a metade da noite no seu taller facendo ferranchos para a súa casa e para a decoración de todos os corrunchos da mesma, A súa última obra que ensina con orgullo é a transformación dun cristal dunha vitrocerámica, nunha espectacular prancha para facer churrascadas, iso si con butano como enerxía.

DESPEDIDA CON CEA CON TODOS OS VECIÑOS.

Outra das súas afeccións é a de amasar e facer pan, no forno, que loxicamente deseñou e construíu.

Fai catro anos decidiu convidar a tódolos veciños a cear o seu pan e demais manxares. A particularidade era, que el puña o pan e a sidra, e cada un dos demais traía unha vianda feita por eles.

O problema xurdiu, cando algún veciño declinaba a invitación porque a súa relación persoal con algún outro veciño sufría algunha desavenenza. El contestaba que él invitaba a todos, o que quixera que viñer e o que non, que quedara. Solo tardou dous anos en que tódolos veciños de Cadós e agora de A Granxa, Rubiás e Taboazas, celebren a súa despedida de vacacións en Galiza coa famosa cena.Cea Cadós2

Pero a cousa non queda aquí, posto que agora xa se unen os mais novos da banda de Gaitas de Lobeira, e outros músicos co que a cea comeza as nove da noite, pero o remate soe ser ata que o corpo, as gaitas, as acordeóns, saxofóns e pandeiretas deixan de tocar , porque xa non poden máis.

Os invitados, todos, como dixemos, solo teñen que cumprir unha condición. A comida que achega cada un deles o banquete, ten que ser suficiente, pero sen pasarse, porque no remate, cada un ten que levar para súa casa as sobras do prato ou pratos que trouxo.