O concello de Bande organiza actuacións e obradoiros para as vacacións de Nadal

nadal
O concello de Bande organiza actuacións e obradoiros para as vacacións de Nadal

A falta dunha semana para que os máis cativos collan vacacións, o Concello de Bande presenta a súa programación para Nadal. Dende o 21 de decembro ata o 30 deste mes, contarán con multitude de actividades dende as 10h da mañá ata as 13.30h.

Algunhas das propostas son obradoiros de cociña e unhas olimpiadas deportivas para os máis cativos. Non faltarán a tradicional visita a Pazolandia, en Ourense, e a cabalgata de Reis.

Bande contará tamén con actividades para os maiores como a edición VI do concurso de beléns. O día 27 terá lugar un monólogo de Isi Rodríguez, coñecido humorista da TVG que ten participado en programas como Land Rober, Air Galicia ou Supermartes.

Para ter información sobre como inscribirse nos obradoiros e sobre toda a programación, poden achegarse ás oficinas do concello.