Bande organiza un curso para prever riscos laborais en explotacións agrogandeiras

vacas
Bande organiza un curso para prever riscos laborais en explotacións agrogandeiras

O prazo para anotarse remata o mércores

O Concello de Bande pon en marcha o curso de prevención de riscos laborais coa intención de que os asistentes adquiran unha cultura preventiva e evitar así os perigos no traballo agrogandeiro. Esta acción formativa vai dirixida a persoas que teñan vinculación co sector agrario. Hai 20 prazas e o curso é de balde. Vaise levar a cabo no mes de novembro entre o 3 e o 7. Consta dunha parte teórica con 10 clases que se impartirán entre o 3 e o 4 de novembro dende as 15h ata as 20h na primeira planta do concello. Logo hai unha parte práctica que se levará a cabo entre o 5 e o 7 nunha explotación agraria, dende as 15h ata as 19h.

O Concello organiza tamén unha charla sobre a seguridade nas queimas forestais que terá lugar o mércores 28, ás 11h no salón de actos do consistorio. Colabora o Distrito Forestal XV da Consellería do Medio Rural.

Para obter máis información ou anotarse poden acudir ás oficinas municipais.