O Concello de Bande organiza unha xornada de educación vial dirixida ós máis pequenos

vial
O Concello de Bande organiza unha xornada de educación vial dirixida ós máis pequenos

O alumnado do CEIP Xoaquín Lourenzo "Xocas" de Bande, ten unha cita coa educación vial da man de voluntarios de Protección Civil.

O vindeiro martes os máis cativos asistiran a unha xornada na que se levarán a cabo actividades como circuíto de viandantes ou de condutores con bicicletas. Trátase de que os rapaces fagan os percorridos co obxectivo de respectar os sinais de tráfico e as normas de circulación viaria para que nun futuro fagan unha condución responsable.

No día dedicado á educación vial tamén participarán efectivos da Garda Civil de Tráfico, Ambulancia do GES de Lobios e os bombeiros entre outros.