O Concello de Bande recopila fotografías antigas para rescatar a memoria do pobo

bande
O Concello de Bande recopila fotografías antigas para rescatar a memoria do pobo

Bande pon en marcha un proxecto para recuperar a memoria a vila e das súas aldeas. A idea é recuperar fotografías antigas que os veciños e veciñas poidan ter nas súas casas. "Bande Noutrora" bota a andar vía redes sociais para poder achegarse a máis xente e que compartan vía Facebook as súas imaxes e recordos. Tamén poden enviarse a través de e-mail na dirección bandenoutrora@gmail.com.

Así as cousas o Concello tamén ofrece a posibilidade de que a xente leve as súas fotografías ata a casa consistorial para escanealas.

Esta iniciativa parte dunha escolma de fotografías de Xosé Vázquez Arias,mais coñecido como \“Rizo\”, un fillo de muiñeiro nado en Castro Caldelas que botou a cámara ó lombo percorrendo feiras, tabernas e mercados das vilas máis importantes da época.

Dende o Concello de Bande destacan que "bande noutrora pretende polo tanto ser un retrato vivo da cara amable doutra época,unha imaxe viva da sociedade e da forma de vida da xente daqueles anos".