A conselleira Ángeles Vázquez visitou esta mañá Bande,

210113 AVM BANDE
A conselleira Ángeles Vázquez visitou esta mañá Bande,

A Xunta investiu preto de 200.000 euros nas obras de recuperación de seis inmobles propiedade do Concello, que se adxudicarán en alugueiro a familias con poucos recursos

Concretamente, explicou que o seu departamento destinou preto de 200.000 euros a colaborar neste municipio na rehabilitación de seis inmobles unifamiliares e propiedade do Concello. Grazas a estes fondos, tal e como indicou a conselleira, o Goberno local puido completar a restauración destas antigas vivendas de mestres, compostas de dúas plantas, construídas en medianeira e moi ben situadas, cerca dos centros educativos do municipio.

210113 AVM BANDE 3Despois dunha completa intervención tanto no interior como na fachada, as seis vivendas están xa completamente rematadas, polo que o Concello poderá adxudicalas en réxime de alugueiro a outras tantas familias con baixos ingresos. Ademais, a conselleira lembrou que a finais do ano pasado tamén se lle concedeu un préstamo sen xuros de case 30.000 euros a través do Fondo de Cooperación do IGVS, unha partida que o Goberno de Bande empregará para completar o acondicionamento da contorna das vivendas.