Un curso de interpretación do patrimonio aproxima á xente ó legado romano de Bande

patrimonio
Un curso de interpretación do patrimonio aproxima á xente ó legado romano de Bande

As clases van ter lugar no mes de novembro

A Asociación Cultural Bandidos Xóvenes organiza un curso de intepretación do patrimonio de 30 horas de duración,coa colaboración do concello de Bande. Os que desexen anotarse poderán facer un percorrido polas historias paralelas da Vía Nova e do campamento romano Aquis Querquenis.

As clases terán lugar do 14 ó 21 de novembro no centro de intepretación Aquae Querquenae en Porto Quintela, Bande. O horario será de 10h a 14h e de 16h a 20h. En total son 20 horas presenciais e 10 non presenciais.

O curso ten un custo de 47 euros, prezo que inclúe a inscrición, material, proxecto final, visita guiada e un diploma.

Para anotarse poden facelo na dirección de correo electrónico xurxemurxe@gmail.com. Se o prefiren poden chamar ó 645 742 662 e preguntar por Cristina ou ó 667 355 734 e preguntar por Sandra.