A Deputación de Ourense aproba unha axuda de 50 mil euros para o campamento romano de Aquis Querquennis

Xunta de Goberno 061017
A Deputación de Ourense aproba unha axuda de 50 mil euros para o campamento romano de Aquis Querquennis

Asemade, a Xunta de Goberno aprobou a resolución da convocatoria de axudas a entidades sen ánimo de lucro para a organización de actividades culturais e recreativas.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada a pasada semana un total de 153.464 euros en axudas para concellos e entidades da provincia de Ourense destinadas a temas de Deporte, Cultura e Infraestruturas.

A Xunta de Goberno aprobou unha axuda para a Fundación Aquea Querquennae Vía Nova de Bande.

No apartado de cooperación con entidades da provincia de Ourense, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda, para a Fundación Aquea Querquennae Vía Nova, de 49.984 euros para o proxecto de recrecemento e consolidación das ruinas no campamento romano de Aquis Querquennis –situado en Bande–.

Resolución

Asemade, a Xunta de Goberno aprobou a resolución da convocatoria de axudas a entidades sen ánimo de lucro para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes ao exercicio 2017, polo que concede un total de 149.999 euros en axudas a 114 entidades da provincia destinadas a diversas iniciativas culturais.