miércoles 22/9/21

“Desafío Iter Querquennae” de andaina e trail

O domingo 29 en Bande
Presentación do Desafio Iter Querquennae de Bande
Presentación do Desafio Iter Querquennae de Bande

A vila de Bande celebrará o domingo, día 29, o “Desafío Iter Querquennae”, no que 350 deportistas participarán nas dúas probas que inclúe esta xornada: a XIII Andaina e o VI Trail, este último con categoría de proba oficial da Federación Galega de Atletismo. A cita deportiva foi presentada no Pazo Provincial coa asistencia do vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández; a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas; o asesor provincial de Deportes, Bernardino González; e o coordinador do evento, Xurxo Vázquez.

O “Desafío Iter Querquennae” consta de tres probas que terán saída e chegada na praza da Constitución. Na modalidade de trail haberá unha carreira longa, de 26,5 quilómetros, e unha curta de 16,5 km., mentres que a andaina terá un percorrido de 16 km nun circuíto de dificultade media. A tres probas, cuxo prazo de inscrición remata o venres día 20, están abertas á participación de deportistas de todas as idades e inclúen premios especiais ao máis veterano ou veterana, así como aos atletas estranxeiros que se clasifiquen en primeiro lugar.

Ademais de avituallamento, a organización porá a disposición dos participantes masaxistas e bañeiras con xeo para recuperarse do esforzo realizado nas dúas carreiras e na andaina, que principiarán ás 9 da mañá.