A festa do Peixe de Bande cumple 50 anos

festa do peixe 1
A festa do Peixe de Bande cumple 50 anos
Este ano celebraráse do 28 ao 30 de maio

Corría o ano 1971, concretamente a tarde do domingo 11 de xullo. Na praza de Bande comezaba a formarse unha aglomeración de xente, toda ela, con emoción e entusiasmo recibía os participantes do IV Campionato nacional de Pesca Fluvial, modalidade de ciprínidos. Sería este acontecemento o xermolo da Festa do Peixe que enxalzaba a grande riqueza piscícola dos nosos ríos.

Se ben é verdade que nos dous anos seguintes, 1972 e 1973, a festa non se levou a cabo, os recordos do acontecido en 1971 retumbaban na cabeza dos veciños, e moi especialmente nun pequeno grupo de amigos e namorados da pesca. Serán eles, os verdadeiros fundadores da actual Festa do Peixe. Esta festa, de profundo arraigo popular, foi consolidándose ano tras ano como cita cultural, gastronómica e deportiva. O esforzo de tantos anos tivo o seu merecido recoñecemento ao ser declarada no ano 2013, Festa de Galicia de Interese Turístico.

50 anos despois daquel acontecemento que o cambiaría todo, vaia o noso infinito agradecemento a tódalas persoas que mantiveron e manteñen vivo o espírito da Festa do Peixe: veciños, pescadores, visitantes, participantes, investigadores, etc