Os xóvenes de Bande emprenden un negocio experimental coa resina dos pinos

LOBEIRA.XURXO RECOLECTOR DE RESINA DE PINOS EN MONTES COMUNALES. (Foto La Región)
Os xóvenes de Bande emprenden un negocio experimental coa resina dos pinos

A campaña comezará entre marzo e abril cuns obxectivos ben marcados

Un colectivo de xóvenes de Bande, integrado por desempregados e traballadores, iniciarán esta primavera unha primeira campaña experimental para avaliar a rendibilidade do aproveitamento da resina dos pinus pinaster. Trátase dunha sustancia sólida ou de consistencia pastosa que se utiliza nas industrias de madeiras, alimentarias e farmacéutica.

O reto para o 2015 é completar unha campaña con 15 picas (feridas se lle fan ao piñeiro para que bote a resina cada 12 días). O traballo realizárase nun pinar de 1.000 exemplares que lles cedeu unha comunidade de montes de Lobeira. Esta actividade é totalmente compatible con outros usos como o madeireiro, a caza ou a micoloxía.

O obxectivo dos resineiros, se os datos llo permiten, sería alugar os piñeiros ás comunidades de montes para darlle traballo á xente da zona mediante o aproveitamento da resina dos piñeiros. Esta iniciativa surxiu do foro \“Transformando Ourense\” que o ano pasado impulsou ao Concello de Bande en iniciativas que sirvan de referencia para a súa aplicación na provincia.