Un home ferido tras cortarse cunha motoserra en Bande

bande
Un home ferido tras cortarse cunha motoserra en Bande

Os feitos aconteceron na vila de Bande cando un veciño estaba cortando leña coa motoserra nunha finca da súa propiedade. Nun momento de despiste cortouse nun brazo e como consecuencia da ferida tivo que ser trasladado ó centro de saúde de Bande.

Ata o lugar dos feitso desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Pola súa banda o 112 Galicia informou ós membros do GES de Muíños e ós axentes da Garda Civil.

As forzas da orde chaman ó civismo a toda poboación nesta tempada de cortar leña pois os accidentes coa motoserra son moi comúns nestes días e por iso recomendan extremar as precaucións.