Curso de orientación en Bande

curso en Bande
Curso de orientación en Bande

O domingo 4 de marzo

A asociación Mercado do Xures, xunto co concello de Bande organizan o primeiro curso de orientación da Limia Baixa cun número de prazas limitado a 20 persoas.

O comezo do mesmo será cunha parte teórica que durará dende as 10 ata as 13 horas.

A parte practica desenrolarase dende as 15:00 ata as 18:00. As inscricións pódense facer no teléfono 988 443 001. O prazo de inscrición remata o venres día 2 de marzo.