Instalarase en Bande un servizo supramunicipal contra os lumes

Bande,_Casa_do_Concello
Instalarase en Bande un servizo supramunicipal contra os lumes
Será unha nova unidade operativa para a loita contra os lumes dentro do marco de actuacións da Xunta co Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

Instalarase en Bande unha nova unidade operativa para a loita contra os lumes dentro do marco de actuacións da Xunta co Plan de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).

Este Plan de Prevención inclúe este ano a mellora e a modernización das instalacións dos servizos de prevención de incendios así como de extincións. Bande identifícase dentro desta cuestión como posible sede dunha nova Base de Unidades Operativas (BUO). Así, cedeuselle á Xunta unha parcela de 5.692 metros situada detrás do pavillón de deportes.

Ademais do terreo do BUO, tamén se estableceron 6.337 metros cadrados de chan para equipamento deportivo preto do pavillón e 8.531 metros onde as naves da Deputación.