MEDIO AMBIENTE LICITARÁ EN MARZO POR 90.000 EUROS AS OBRAS DE MELLORA E HUMANIZACIÓN NO CONCELLO DE BANDE

190225 Bande
MEDIO AMBIENTE LICITARÁ EN MARZO POR 90.000 EUROS AS OBRAS DE MELLORA E HUMANIZACIÓN NO CONCELLO DE BANDE

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda prevé licitar en marzo por 230.000 euros as obras de mellora e humanización nos concellos de Bande, Lobeira e Lobios.

Humanización no Mecado do Xurés

O convenio asinado co Concello de Bande permitirá a humanización da contorna do Mercado do Xurés, onde se prevé a execución de novas beirarrúas, a instalacións de novo mobiliario, como bancos e contedores para a recollida selectiva do lixo... co obxectivo de achegar aos veciños á zona e facilitar aos comerciantes infraestruturas de servizo básicas.

O proxecto tamén inclúe a canalización de augas pluviais, para evitar as verteduras actuais na propia beirarrúa, que estará conectada á rede existente; así como o deseño de prazas de aparcamento, para facilitar o estacionamento nesta zona tan frecuentada e ás persoas con mobilidade reducida. O importe que recolle o convenio supera os 90.000 euros.