O mercado do Xurés de Bande abrirá as súas portas en novembro

Imaxe do municipio de Bande
O mercado do Xurés de Bande abrirá as súas portas en novembro

A Praza de Abastos de Bande esta sendo sometida a unha remodelación para converterse nuns meses no mercado do Xurés. Arquitectos, decoradores, deseñadores e xestores turísticos levan un ano de traballo para converter o espazo nunha área presidida polo Parque Natural.

O proxecto consiste en crear un espazo no que mercar produtos do Xurés e gozar do entorno natural. Para tal fin o Concello acaba de recibir unha subvención de 70.000 euros da man da Consellería de Economía, Emprego e Industria enmarcada na liña "Espazos Activos de emprendemento comercial".

O mercado do Xurés vai ser algo máis que un despacho de alimentación, vai conectar ós gandeiros, ós argricultores e ás empresas de servizos. Na mesma praza poderanse mercar castañas ou setas ó tempo que podemos alugar unha bicicleta ou mercar roupa de deporte para facer unha excursión polo parque natural.

As instalacións abrirán as súas portas no mes de novembro aproveitando os produtos de tempada e buscando darlle un auxe ó turismo da zona aproveitando que Bande é punto de entrada ó Parque do Xurés e a praza está situada a carón da estrada principal.