O Mercado Xurés abre este fin de semana

utd
O Mercado Xurés abre este fin de semana
1 de setembro de 11:00 a 15:00 horas

Agosto remata e con el as vacacións de verán, sen embargo aínda queda unha oportunidade máis que permitirá empezar setembro con bo pé. O Mercado Xurés, que únicamente abre o primeiro fin de semana de cada mes, convídanos este 1 de setembro ao concello de Bande de 11:00 a 15:00 horas. Unha cita á que non podemos faltar! Desta vez contarase coa actuación de ‘’Música na cociña’’ ás 11:30 e ás 13:00 coa presentación confitura de mirabeles da conserveira María Tola que realiza conservas vexetais de produtos como ortigas, castañas, cabazas ou setas.

Por outra banda, poderanse probar os produtos que caracterizan a zona como a Mel, Queixos, carne Cachena, Conservas… e comprar artículos nos distintos postos que alberga o Mercado. Ademais disto haberá un espazo destinado á artesanía, á gastronomía e á información turística.

Un evento, para todos os públicos, con produtos autóctonos con selo do Mercado Xurés que non volverá ate o mes que ven.

utd