Noite de estrelas e música en Aquis Querquennis

O campamento romano Aquis Querquennae.
Noite de estrelas e música en Aquis Querquennis

O ceo brillará dun xeito especial esta fin de semana en Bande pois o Concello organiza unha cita astronómica que vai ter lugar en Aquis Querquennis. Os obradoiros darán comezo ás 16.30h do sábado 30 e os participantes poderán aprender da importancia que ten a conservación do brillo natural do ceo. Doutra banda poderán concienciarse da cantidade de luz que se desperdicia.

Doutra banda os asistentes poderán gozar da paisaxe nocturna de Bande e da riqueza do firmamento estrelado e aprender os usos do ceo como recurso para orientarse na época romana.

Xa pola noite os que ata alí se acheguen poderán coñecer e observar a bóveda celeste da man do colectivo \“Calidade do Ceo Nocturno\” , unha asociación sen ánimo de lucro de ámbito autonómico para a concienciación e divulgación sobre as causas, consecuencias e solucións da problemática da contaminación luminosa.

A música virá da man do cuarteto acústico Ghaveta cun amplo abanico de sons e texturas con música de raíz.